lunes, 4 de diciembre de 2006

Análise crítica do magosto dos CAF


Como xa saben os membros da Asociación Vexodobre, o pasado xoves a asociación case ao completo trasladouse ao Campus Sul de Compostela para acudir ao magosto-concerto organizado polos CAF (Comités Abertos de Facultade). A Asociación pretende pois facer un breve resumo do que foi a noite e valorar a calidade da esmorga que se montou aló.
Ben, que dicir. Se queredes a lista de grupos, neniños, xa sabedes, buscade os cartaces feitos polos CAF encol do magosto, que non é tan difícil, panda de nugalláns... Veña, vai, en serio... pois amenizaron unha grande velada O leio e O som do galpom. O leio ademais fixo ao final esa a súa inimitábel actuación de O leio i arremecaghoná que qué dicir... a primeira vez impresiona, miña nai querida. Ficará para o recordo ese grande "Jalisa ceibe, poder de Satán" ou o " me cagho na puta normativa que non me deixa conducir pola beirarrúa". Claro, tampouco se pode xulgar moi ben nada tal como iamos ás catro da mañá por aquelas latitudes.
En canto as instalacións, a carpa aguantou (que non é pouco, xD) e ninguén se esnafrou dende o escenario nin se hostiou cos soportes do teito, o cal foi un puntazo. As necesidades naturais da vexiga humana de madrugada víronse satisfactoriamente cubertas grazas ao compañeiro Duarte, que malia non ser membro integrante de Vexodobre, puxo á disposición dun servidor e demais gando os lavabos da residencia onde se deixa caer cando non está de farra ou na facultade.
Pasemos agora a falar da peña, que adoita ser o tema máis divertido cando un rememora as noites de borracheira. Un servidor lembra as cousas con bastante nitidez (o cal xa é un paso) e pode dicir que ao longo da noite viviu varios intres a esquecer, coma por exemplo ser cabalgado polo xa citado Duarte, cousa que, deixando de lado as evidentes connotacións homosexuais, pois non foi moi divertido. A xente por aló movíase por uns parámetros que ían da moderada borracheira á tajada suprema. Andrea endexamais esquecerá o manchurrón co que foi agraciada por parte dun vaso cheo dunha bebida que imos definir como "alcóholica". Noemí tivo, coma sempre, a euforia da cámara e escomezou facer fotos a case todo o que se movía polo horizonte da carpa, marquesina ou sucedaneo que fose aquilo. Santi desapareceu e deuse por perdido en combate bastante cedo, e garda celoso os detalles da súa posterior odisea. David andivo por aí repartindo sorrisos e a unha hora indeterminada evaporouse coma a brétema do mencer (que poético). E tamén andaba por aló Jorge, definindo a todo dios coma "mamalón". E como non, o noso Brad Pitt particular, Manuel, que, coma sempre, chegou cautivando os corazóns das rapazas do lugar. Que lles dará.
En conclusión pode dicirse que se ben foi un magosto-concerto-botellón etc bastante divertido, botouse en falla a presenza institucional de Manuel Outeiriño Gallego, que ten toda a pintiña de ser un crack e toda unha criatura da noite.
Saúde.

4 comentarios:

Xan Guindán dijo...

A ver si deixas de facer un monográfico sobre min e comezas a comentar o magosto de verdade. ¿Para cando os bocetos das camisetas de vexodobre? Eu se as decidides facer merco algunha.

Galiza Ceibe e Socialista

Xan Guindan (www.revoltarockeira.blogspot.com)

Andrea dijo...

Holaa!!
Pareceme fatal q non nombrarades os bailes q nos botamos, grazas o son de jalpon....
Unome a Duarte no compra dunha camiseta de Vexo Dobre
ainda que non entendo...xq non son parte do grupo :s

Besiños

Anónimo dijo...

moi ben friki, fixeches un comentario bastante bo, non esperaba menos de ti. nembargantes, unome a protesta de rafa guerrero do das camisetas. por aora vai ben esto. aber que pasa.

PD: SOY PANDILLERO, Y QUE PASA??

Xan Guindán dijo...

Ui, ui, ui. Vexo moita hostilidade contra o colectivo arbitral. Que non vos pille eu nun partido...xD. Joder, Pako, hai que actualizar máis isto, que aquí hai visitas pero falta traballo do blogueiro.

Galiza Ceibe e socialista

Xan Guindán (www.revoltarockeira.blogspot.com)