martes, 12 de diciembre de 2006

Rexistro oficial de vexodobre

Paco
David
Noemí
María
Santi


Vexodobre en acción!!!
Vejodobre em acçom!!!

viernes, 8 de diciembre de 2006

Camisolas de Vexodobre

Como sabedes ésta é unha vella teima da Asociación Vexodobre: contar cunhas camisolas para que os nosos integrantes poidan lucilas con honra e orgullo nos botellóns de toda a Galiza e o estranxeiro ( é dicir, do Navia para aló). A dia de hoxe existen varios deseños de posíbeis camisolas oficiais da asociación, e só agardamos chegar a un consenso para encargar a primeira tirada das nosas prendas oficiais e oficiosas. Como tal estaría ben que indicásedes comentario mediante que deseño é o que preferiades da lista que a continuación expoño, especificando normativa RAG, AGAL ou PACO. O máis ou os más demandados serán os feitos. Grazas e obrigado por adiantado.

Eu podo falar com Sócrates. (AGAL) (PACO)
Eu podo falar con Sócrates. (RAG)

Pousa 100% galeguidade

case VIRXE (RAG)
casse VIRGEM (AGAL)
casse VIRXE (PACO)

Homes Mulleres Boullón (RAG)
Homens Mulheres Boulhom (AGAL)
Homes Mulheres Boulhom (PACO)

Bebidas

Na auga fodem os peixes (AGAL) (PACO)
Na auga foden os peixes (RAG)

Vindeiro botellón

Weno nenos, hai que ir matinando xa no vindeiro xoves e no que imos facer, que senón logo todo son presas e apuros a última hora. Vexodobre, como non, convoca un botellón para esa noite na Alameda, como xa é habitual. Se tedes algunha suxerencia que facer, éste é o lugar axeitado para iso. E tedes tempo deica o vindeiro xoves. Vexodobre en acción!!!
PD: E pensando xa no Macrobotellón de Nadal (MBdN) da Asociación Vexodobre xDDDDDDD.

Bem, nenos, há que ir matinando ja na vindeira quinta feira e no que imos fazer, que senom logo todo som presas e apuros a última hora. Vejodobre, como nom, convoca un botelhom para essa noitena Alameda, como ja è habitual. Se tedes algumha sugerência que fazer, este è o lugar ajeitado para isso. E tedes tempo deica a vindeira quinta feira. Vejodobre em acçom!!!
PD: E pensando ja no Macrobotelhom de Natal (MBdN) da Associaçom Vejodobre xDDDDDDD.

lunes, 4 de diciembre de 2006

Análise crítica do magosto dos CAF


Como xa saben os membros da Asociación Vexodobre, o pasado xoves a asociación case ao completo trasladouse ao Campus Sul de Compostela para acudir ao magosto-concerto organizado polos CAF (Comités Abertos de Facultade). A Asociación pretende pois facer un breve resumo do que foi a noite e valorar a calidade da esmorga que se montou aló.
Ben, que dicir. Se queredes a lista de grupos, neniños, xa sabedes, buscade os cartaces feitos polos CAF encol do magosto, que non é tan difícil, panda de nugalláns... Veña, vai, en serio... pois amenizaron unha grande velada O leio e O som do galpom. O leio ademais fixo ao final esa a súa inimitábel actuación de O leio i arremecaghoná que qué dicir... a primeira vez impresiona, miña nai querida. Ficará para o recordo ese grande "Jalisa ceibe, poder de Satán" ou o " me cagho na puta normativa que non me deixa conducir pola beirarrúa". Claro, tampouco se pode xulgar moi ben nada tal como iamos ás catro da mañá por aquelas latitudes.
En canto as instalacións, a carpa aguantou (que non é pouco, xD) e ninguén se esnafrou dende o escenario nin se hostiou cos soportes do teito, o cal foi un puntazo. As necesidades naturais da vexiga humana de madrugada víronse satisfactoriamente cubertas grazas ao compañeiro Duarte, que malia non ser membro integrante de Vexodobre, puxo á disposición dun servidor e demais gando os lavabos da residencia onde se deixa caer cando non está de farra ou na facultade.
Pasemos agora a falar da peña, que adoita ser o tema máis divertido cando un rememora as noites de borracheira. Un servidor lembra as cousas con bastante nitidez (o cal xa é un paso) e pode dicir que ao longo da noite viviu varios intres a esquecer, coma por exemplo ser cabalgado polo xa citado Duarte, cousa que, deixando de lado as evidentes connotacións homosexuais, pois non foi moi divertido. A xente por aló movíase por uns parámetros que ían da moderada borracheira á tajada suprema. Andrea endexamais esquecerá o manchurrón co que foi agraciada por parte dun vaso cheo dunha bebida que imos definir como "alcóholica". Noemí tivo, coma sempre, a euforia da cámara e escomezou facer fotos a case todo o que se movía polo horizonte da carpa, marquesina ou sucedaneo que fose aquilo. Santi desapareceu e deuse por perdido en combate bastante cedo, e garda celoso os detalles da súa posterior odisea. David andivo por aí repartindo sorrisos e a unha hora indeterminada evaporouse coma a brétema do mencer (que poético). E tamén andaba por aló Jorge, definindo a todo dios coma "mamalón". E como non, o noso Brad Pitt particular, Manuel, que, coma sempre, chegou cautivando os corazóns das rapazas do lugar. Que lles dará.
En conclusión pode dicirse que se ben foi un magosto-concerto-botellón etc bastante divertido, botouse en falla a presenza institucional de Manuel Outeiriño Gallego, que ten toda a pintiña de ser un crack e toda unha criatura da noite.
Saúde.

domingo, 3 de diciembre de 2006

Vexodobre en acción!!!

Ola rapazas e rapaces!!!
Como vedes, a Asociación Vexodobre xa dispón dun blog propio onde levar ao día todos os temas relacionados coa actividade do noso grupo sociocultural. Como xa sabedes, a Asociación Vexodobre é un grupo de rapaces e rapazas de toda Galiza que a día de hoxe viven en Compostela, onde o excelentísimo señor alcalde Sánchez Bughallo, "Nitro", decidiu, nunha reviravolta reaccionaria coma case todas as que ten nos últimos anos, atacar o dereito básico da mocidade compostelá a facer botellón nos lugares tradicional e espontaneamente habilitados para tal función.
E como tamén xa sabedes, entrar en Vexodobre é fácil e divertido. Non fai falla compartir ningún tipo de ideoloxía nin ideas determinadas cos membros, abonda con comungar coas ideas básicas de Vexodobre: o dereito de asociación botelloneira da mocidade. Vexodobre en acción!!!!


Ola rapaças e rapazes!!!
Como vedes, a Associaçom Vejodobre ja dispom dum blog próprio onde levar ao dia todos os temas relacionados com a atividade do nosso grupo sociocultural. Como ja sabedes, a Associaçom Vejodobre é um grupo de rapazes e rapaças de toda Galiza que a dia de hoje vivem em Compostela, onde o excelentísimo senhor alcalde Sanches Bughalho, "Nitro", decidiu, numha reviravolta reaccionária como casse todas as que tem nos últimos anos, atacar o direito básico da moçidade compostelana a fazer botelhom nos lugares tradicional e espontaneamente habilitados para tal funçom.
E como tamem ja sabedes, entrar em Vejodobre é fácil e divertido. Nom fai falha compartir nengum tipo de ideologia nem ideias determinadas com os membros, abonda com comungar com as ideias básicas de Vejodobre: o direito de associaçom botelhoneira da moçidade. Vejodobre em acçom!!!!