miércoles, 11 de abril de 2007

por fin!!

Pois nada, isto é unha proba de que paco xa vai permitindo a entrada dos membros de vexodobre ao blog. Agora que xa podemos acceder a el, como redactora xefa que son, agardo as vosas propostas para ir actualizando isto, que o estamos olvidando.

lunes, 2 de abril de 2007

I Asemblea Nacional de Vexodobre (Acta)

ACTA DA ASEMBLEA NACIONAL CONSTITUINTE DA ORGANIZACIÓN VEXODOBRE



Asisten á Asemblea: Paco, David, Noemí, María, Santi.


PUNTO 1: Contrasinal
David, Noemí, María e Santi fan fincapé na necesidade de que todos os membors de Vexodobre dispoñan do contrasinal do blog da asociación co obxectivo de escribir nel. Paco alega que o contrasinal do blog da asociación coincide co do seu persoal, polo cal non o considera axeitado. Sométese á votación:
A favor: 4
En contra: 1
Apróbase a moción.
PUNTO 2: Nome do campillo.
Debátese sobre o cambio de nome do campillo para acadar a galeguización patronímica desta importante área da cidade. As propostas son Campo da Festa, Centro de Esparcemento Xuvenil do Compañeiro Moncho Reboiras e Fogar dos Rumorosos. Sométese a votación. Campo da Festa resulta elixido e só hai un voto a favor da segunda opción, sen ningún a prol de Fogar dos Rumorosos.
PUNTO 3: Nome do puntillo.
Debátese o cambio de nome do estado de preembriaguez.
David propón “estar no ferro” facendo un símil de tipo futbolístico. Santi defende a opción “estar Ferrín”. A outra opción é Estado de Embriaguez Méndez Ferrín.
Votación:
Estar Ferrín: 2 votos
Estar no ferro: 1 voto
Estado de Embriaguez Méndez Ferrín: 0 votos
Abstencións: 3
PUNTO 4: Discusión sobre a normativa que a asociación debe empregar. Paco defende o dereito de binormismo.
Abstencións:1
Binormismo: 4
RAG: 1
AGAL:0
Debe puntualizarse que ao escribir en RAG permitiranse dialectalismos (naide, etc…)
PUNTO 5: Deseño das camisolas de Vexodobre. Apróbase o deseño Pousa 100% galeguidade, e a venda por encargo.
PUNTO 6: Debátese a creación dunha publicación divulgativa de periodicidade a determinar. Santi defende o nome O sol, que fica aprobado por unanimidade.
PUNTO 7: Reparto de responsabilidades.
Para evitar unha excesiva concentración de poder en poucas mans no seo da organización disponse unha división de funcións, cara á obtención dunha asociación asemblearia e democrática. Vótanse os seguintes cargos:
Redactora Xefa: Noemí.
Director de Propaganda: David.
Relacións Públicas: Paco.
Deseño e maquetación: Santi.
PUNTO 8: Sométese a votación a admisión de María. Apróbase por unanimidade.
PUNTO 9: Sométese a votación a admisión de Adriana para a Asemblea Exterior. Apróbase por unanimidade.
PUNTO 10: Simboloxía de Vexodobre:
Reafírmanse os símbolos xa aprobados: Botella sobre a bandeira de Galiza e hinmo “Miudiño”.
PUNTO 11: Apróbase a crecaión dun Consello Permanente de Vexodobre formado polos seus cinco membros fundadores (Paco, Noemí, David, María, Santi), como máximo órgano de deliberación no seo da organización.
PUNTO 12: Sómetese a votación e apróbase a alta de Sara.
PUNTO 13: Apróbase a creación dun Consello de Memoria Histórica, co obxectivo de dilucidar se Paco se excedeu nas súas funcións e actuou de xeito despótico no pasado. O camarada Paco é o único voto en contra á medida. É fortemente recriminado polo seu traballo á fronte de Vexodobre nos primeiros tempos. María amósase como a militante máis crítica coa actuación de Paco.
Ademais determínase que Paco excedeuse nas súas funcións ao non aprobar o Botellón de Domingo que celebrou Vexodobre, e ao negarse a publicar a crónica no blog, chegando a se desfacer desta.
PUNTO 14: Creación dun Correo de Vexodobre para facilitar o contacto co exterior da organización. Apróbase. O correo será Vexodobre@hotmail.com. O contrasinal decídese na Asemblea.
PUNTO 15: María propón a creación de carnés de socio. Ofrécese a elaboralos ela mesma.

Aprobados estes puntos, dáse por finalizada a Asemblea Nacional Constituinte da Asociación Vexodobre.