lunes, 15 de octubre de 2007

Socios, novos socios

Comezou o curso e con el o inicio da campaña da asociación Vexodobre na procura de novos socios. Os ideais da nosa organización botelloneira chegaron á capital Lucense, ao Parque de Rosalía, foco de nenos, adolescentes e universitarios (que constitúen o noso público obxectivo) celebrando o San Froilán. Ata alí, David, Adriana e Noemí fixeron chegar as bases de Vexodobre, coas que tres novos socios se sentiron identificados e forman xa parte da listaxe de membros.

Este é un gran paso para a organización, que se espalla xa alén das fronteiras de Compostela. A benvida dos novos socios realizarase en Santiago unha vez que a compañeira Noemí fique completamente recuperada do seu brazo dereito. Concretaremos aquí a data e hora exactas do acto.

Un saúdo.

lunes, 17 de septiembre de 2007

Botellón de inicio de curso da Asociación Vexodobre

Perante o comezo do curso a Asociación Vexodobre non pode ficar sen organizar un botellón de benvida a tódolos compañeiros de Xornalismo e amigos. A data será a véspera das clases, isto é, a noite do 30, no Campo da Festa. Seguiremos informando caso que sexa necesario. Velaquí o programa do acto:

00:00 Beber.
01:00 Beber máis.
02:00 Cánticos nacionais.
03:00 Anécdotas incomprensíbeis por te-la lingua aparvada.
04:00 Deus dirá.


Agardamos vervos a todos alá

lunes, 28 de mayo de 2007

A ÚLTIMA CEA...

Agora xa veñen os exames e Vexodobre non fixo nin cea de fin de curso nin nada! vergoña nos tiña q dar!!
E en vista que algúns de nós temos que volver o 27 pola capital, que outros tantos son de santiago, e que a moitos non lles importaría achegarse, podiamos celebrar unha despedida por todo o grande logo do exame de audiovisual. Esta é unha proposta que se puxo sobre a mesa na multitudinaria cea no kurdo do Toural alá pola Ascensión (que aínda non rematou, pq a noria segue dando voltas).
Sen máis, un cordial saúdo e queremos lembrar tamén que aínda está pendente a cuestión das camisetas...

E agora unha proposta individual: deberíase colgar aquí o vídeo d Jorge non??

miércoles, 11 de abril de 2007

por fin!!

Pois nada, isto é unha proba de que paco xa vai permitindo a entrada dos membros de vexodobre ao blog. Agora que xa podemos acceder a el, como redactora xefa que son, agardo as vosas propostas para ir actualizando isto, que o estamos olvidando.

lunes, 2 de abril de 2007

I Asemblea Nacional de Vexodobre (Acta)

ACTA DA ASEMBLEA NACIONAL CONSTITUINTE DA ORGANIZACIÓN VEXODOBRE



Asisten á Asemblea: Paco, David, Noemí, María, Santi.


PUNTO 1: Contrasinal
David, Noemí, María e Santi fan fincapé na necesidade de que todos os membors de Vexodobre dispoñan do contrasinal do blog da asociación co obxectivo de escribir nel. Paco alega que o contrasinal do blog da asociación coincide co do seu persoal, polo cal non o considera axeitado. Sométese á votación:
A favor: 4
En contra: 1
Apróbase a moción.
PUNTO 2: Nome do campillo.
Debátese sobre o cambio de nome do campillo para acadar a galeguización patronímica desta importante área da cidade. As propostas son Campo da Festa, Centro de Esparcemento Xuvenil do Compañeiro Moncho Reboiras e Fogar dos Rumorosos. Sométese a votación. Campo da Festa resulta elixido e só hai un voto a favor da segunda opción, sen ningún a prol de Fogar dos Rumorosos.
PUNTO 3: Nome do puntillo.
Debátese o cambio de nome do estado de preembriaguez.
David propón “estar no ferro” facendo un símil de tipo futbolístico. Santi defende a opción “estar Ferrín”. A outra opción é Estado de Embriaguez Méndez Ferrín.
Votación:
Estar Ferrín: 2 votos
Estar no ferro: 1 voto
Estado de Embriaguez Méndez Ferrín: 0 votos
Abstencións: 3
PUNTO 4: Discusión sobre a normativa que a asociación debe empregar. Paco defende o dereito de binormismo.
Abstencións:1
Binormismo: 4
RAG: 1
AGAL:0
Debe puntualizarse que ao escribir en RAG permitiranse dialectalismos (naide, etc…)
PUNTO 5: Deseño das camisolas de Vexodobre. Apróbase o deseño Pousa 100% galeguidade, e a venda por encargo.
PUNTO 6: Debátese a creación dunha publicación divulgativa de periodicidade a determinar. Santi defende o nome O sol, que fica aprobado por unanimidade.
PUNTO 7: Reparto de responsabilidades.
Para evitar unha excesiva concentración de poder en poucas mans no seo da organización disponse unha división de funcións, cara á obtención dunha asociación asemblearia e democrática. Vótanse os seguintes cargos:
Redactora Xefa: Noemí.
Director de Propaganda: David.
Relacións Públicas: Paco.
Deseño e maquetación: Santi.
PUNTO 8: Sométese a votación a admisión de María. Apróbase por unanimidade.
PUNTO 9: Sométese a votación a admisión de Adriana para a Asemblea Exterior. Apróbase por unanimidade.
PUNTO 10: Simboloxía de Vexodobre:
Reafírmanse os símbolos xa aprobados: Botella sobre a bandeira de Galiza e hinmo “Miudiño”.
PUNTO 11: Apróbase a crecaión dun Consello Permanente de Vexodobre formado polos seus cinco membros fundadores (Paco, Noemí, David, María, Santi), como máximo órgano de deliberación no seo da organización.
PUNTO 12: Sómetese a votación e apróbase a alta de Sara.
PUNTO 13: Apróbase a creación dun Consello de Memoria Histórica, co obxectivo de dilucidar se Paco se excedeu nas súas funcións e actuou de xeito despótico no pasado. O camarada Paco é o único voto en contra á medida. É fortemente recriminado polo seu traballo á fronte de Vexodobre nos primeiros tempos. María amósase como a militante máis crítica coa actuación de Paco.
Ademais determínase que Paco excedeuse nas súas funcións ao non aprobar o Botellón de Domingo que celebrou Vexodobre, e ao negarse a publicar a crónica no blog, chegando a se desfacer desta.
PUNTO 14: Creación dun Correo de Vexodobre para facilitar o contacto co exterior da organización. Apróbase. O correo será Vexodobre@hotmail.com. O contrasinal decídese na Asemblea.
PUNTO 15: María propón a creación de carnés de socio. Ofrécese a elaboralos ela mesma.

Aprobados estes puntos, dáse por finalizada a Asemblea Nacional Constituinte da Asociación Vexodobre.

domingo, 11 de febrero de 2007

Cea da Nadal (siiiii, x fin^^)









En fin, a estas alturas, e xa ben entrado febreiro, o voso modesto compañeiro que escrebe estas liñas atopou tempo na sua repleta axenda de xornalista pra contar a máis ou menos como foi a velada.
Quedamos todos âs dez menos cuarto, ou así, por aló pola Praza da Galiza, pra irmos todos xuntiños a La Trattoria, o restaurante italiano onde un servidor, previsor onde os haxa, encarregara previamente mesa. Eramos sobre trinta persoas, todo moi bonito e con moi bo rollo, e tal. Cómpre dicir que case nos perdemos polo camiño, dou fe. Xa no restaurante empezamos a coller o que se ven chamando puntillo (por certo, deberiamos procurar un nome mais galego, non? Acéptanse suxeréncias). Alí tivo lugar unha exaltación do canto tradicional en forma das alegres cantigas e foliadas "We kill Boulhom" e "Non é un home, non é unha muller", acompañadas por instrumento de percusión (en concreto a mesa do restaurante). Menuda pandeiretada!
Cando á fin saimos dalí, supoño que pra alívio dos probes camareiros (anque algún ria e todo, xD), comezou o acópio de material alcólico con vistas ao seu emprego sen regulamento no Campillo (outro nome que precisa de xeito urxente ser galeguizado). Mención especial pra Ángela, que con motivo do seu cumpreanos portouse de xeito moi xeneroso nese tema, xDD).
Ben, a noite a partir daí fáiseme borrosa (xq será haha) pero lembro ben certos detalles: unha pequena gran bronca que lle botamos ao noso bo Manuel el sabe ben por qué, duas tolas cuxo nome millor non desvelaremos (weno, si, foron Charo e mais Noemi) correndo a preguntarlle a irmá dun servidor se en efeito se trataba da irmá dun servidor, e posteriormente unha peregrinación por diversos lugares da nosa ben querida Compostela, indiscutíbel capital da Galiza, xD. Peregrinación desas míticas nas que se vai perdendo xente e á fin só restan os "últimos de sempre" ou "os catro de sempre".
Non podo deixar de citar que un servidor coñeceu esa noite no Avante ao Leio (siiii, o do Magosto dos CAF). Snif, momento emocionante onde os haxa...
En fin, nada máis destacábel dunha noite que poderiamos calificar como máxica (se non fora xq ese adxectivo sempre me pareceu unha mariconadiña).
Saude.

martes, 12 de diciembre de 2006

Rexistro oficial de vexodobre

Paco
David
Noemí
María
Santi


Vexodobre en acción!!!
Vejodobre em acçom!!!