domingo, 11 de febrero de 2007

Cea da Nadal (siiiii, x fin^^)









En fin, a estas alturas, e xa ben entrado febreiro, o voso modesto compañeiro que escrebe estas liñas atopou tempo na sua repleta axenda de xornalista pra contar a máis ou menos como foi a velada.
Quedamos todos âs dez menos cuarto, ou así, por aló pola Praza da Galiza, pra irmos todos xuntiños a La Trattoria, o restaurante italiano onde un servidor, previsor onde os haxa, encarregara previamente mesa. Eramos sobre trinta persoas, todo moi bonito e con moi bo rollo, e tal. Cómpre dicir que case nos perdemos polo camiño, dou fe. Xa no restaurante empezamos a coller o que se ven chamando puntillo (por certo, deberiamos procurar un nome mais galego, non? Acéptanse suxeréncias). Alí tivo lugar unha exaltación do canto tradicional en forma das alegres cantigas e foliadas "We kill Boulhom" e "Non é un home, non é unha muller", acompañadas por instrumento de percusión (en concreto a mesa do restaurante). Menuda pandeiretada!
Cando á fin saimos dalí, supoño que pra alívio dos probes camareiros (anque algún ria e todo, xD), comezou o acópio de material alcólico con vistas ao seu emprego sen regulamento no Campillo (outro nome que precisa de xeito urxente ser galeguizado). Mención especial pra Ángela, que con motivo do seu cumpreanos portouse de xeito moi xeneroso nese tema, xDD).
Ben, a noite a partir daí fáiseme borrosa (xq será haha) pero lembro ben certos detalles: unha pequena gran bronca que lle botamos ao noso bo Manuel el sabe ben por qué, duas tolas cuxo nome millor non desvelaremos (weno, si, foron Charo e mais Noemi) correndo a preguntarlle a irmá dun servidor se en efeito se trataba da irmá dun servidor, e posteriormente unha peregrinación por diversos lugares da nosa ben querida Compostela, indiscutíbel capital da Galiza, xD. Peregrinación desas míticas nas que se vai perdendo xente e á fin só restan os "últimos de sempre" ou "os catro de sempre".
Non podo deixar de citar que un servidor coñeceu esa noite no Avante ao Leio (siiii, o do Magosto dos CAF). Snif, momento emocionante onde os haxa...
En fin, nada máis destacábel dunha noite que poderiamos calificar como máxica (se non fora xq ese adxectivo sempre me pareceu unha mariconadiña).
Saude.

4 comentarios:

Xan Guindán dijo...

Como é habitual, serei eu o primeiro en comentar nesta bitácora.

Pois a verdade é que non foi sen tempo a crónica da cea de nadal. Seguro que si actualizases máis a miúdo terías moitas máis visitas. Garantizado.

A respecto dos nomes, eu creo que teño dous bastante nacional-populares. Para o "puntillo", que vos parece "estado de ebriedade Méndez Ferrín"? E para o "campillo", pois pensei e algo coma "centro de esparcemento xuvenil do compañeiro Moncho Reboiras"


GALIZA CEIBE E SOCIALISTA

ManuelGzlz dijo...

e vexodobre non ten novas propostas??

a xunta directiva da asosiasión debía ir pensando aljunha actividade lúdico-festiva con motivo do entroido. vamos, dijo eu...

os nombres de duarte poden estar ben, pero son mui larjos. podíase adaptar a "estar ferrín" (ter o puntillo) ou así.

pensade vós que para eso vos pajan!!

Zape (entre outras muitas cousas) dijo...

Q nos pagan????
Quero ver eu eses cartos, Manolinho...
Vexodobre é lúdica, non lucrativa, xDD

Xan Guindán dijo...

Era unha maneira de falar. Aquí hai que darcho todo mastigado. Tanto alcol mata neuronas. Por certo, podes contar conmigo para tódalas actividades programadas por Vexo Dobre para o vindeiro xoves 22.

GALIZA CEIBE E SOCIALISTA

Ah, e non esquenzades visitar o meu blogue

www.revoltarockeira.blogspot.com